A Xunta reivindica o papel do Camiño de Santiago como elemento integrador e inclusivo cara ás persoas con discapacidade
2025-10-13
/documents/35297/1881518/20251013+DXDiscapacidadePeregrinos.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, recibiu esta mañá ao grupo de peregrinos con discapacidade que realizaron a 21º edición do Camiño de Santiago Adaptado que promove a Fundación También.
Begoña Abeijón reivindicou as constantes melloras que promove a Xunta en diferentes tramos do Camiño co obxectivo de facelo máis accesible ás persoas con discapacidade. Polo que reivindicou o papel que cumpre este elemento cultural de Galicia na integración e inclusión, sendo un instrumento fundamental para seguir rompendo barreiras.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 13/10/2025