A Xunta apoia as iniciativas que combaten o idadismo e promoven a cultura do respecto e o coidado polas persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo,  lembrou que o Goberno galego elaborou de xeito pioneiro as Estratexias galegas contra o Idadismo e a Soidade non Desexada

Vigo, 15 de outubro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na xornada Una nueva visión del cuidado de las personas mayores. Por una cultura del buen trato que organiza a Cátedra del Buen Trato da Fundación DomusVi. Durante o acto inaugural, destacou o compromiso da Xunta con todas as iniciativas que combaten o idadismo e promoven a cultura do respecto e do coidado cara ás persoas maiores.

Neste sentido, Antón Acevedo lembrou que a Xunta elaborou a primeira Estratexia Galega contra o Idadismo e a Estratexia contra a Soidade non Desexada que buscan establecer as bases de actuación para previr estas situacións e, sobre todo, promover unha atención máis xusta aos maiores.

Así mesmo, destacou que a cultura de respecto e coidado, tal e como comparte o Goberno galego, tamén pasa por un modelo que poña a disposición dos maiores todos os recursos e programas para que poidan escoller onde queren ser coidados e pasar esa etapa das súas vidas.

Data de actualización: 15/10/2025