Belén do Campo destaca a traxectoria profesional e persoal de Fernando Suances, ex Fiscal Superior de Galicia, con motivo da súa xubilación

A Coruña, 17 de outubro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunta á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron hoxe ao acto homenaxe organizado pola Fiscalía Superior de Galicia con motivo da xubilación de Fernando Suanzes Pérez, ex Fiscal Superior de Galicia, nun acto que reuniu a representantes do ámbito xudicial, político e institucional para recoñecer a súa dilatada traxectoria profesional e persoal.

A delegada destacou o compromiso, a integridade e o servizo público que Fernando Suances amosou ao longo da súa carreira, subliñando que o seu traballo foi “exemplo de dedicación e responsabilidade ao servizo da xustiza e da cidadanía galega”.

Belén do Campo expresou tamén o seu agradecemento pola colaboración e o diálogo constante que Suanzes mantivo coa Administración autonómica durante os seus anos de exercicio, “sempre desde o respecto institucional”.

A delegada quixo transmitir, en nome da Xunta de Galicia, os mellores desexos para esta nova etapa persoal, despois dunha traxectoria marcada pola profesionalidade, o rigor e o compromiso coa legalidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2025