A Xunta editará en galego o libro ‘Descubre Lugo’, de José Luis Rodríguez, presentado hoxe na Felegación Territorial de Lugo
Lugo, 30 de outubro de 2025
A Xunta de Galicia publicará a edición en galego do libro “Descubre Lugo”, de José Luis Rodríguez Fernández, segundo confirmou hoxe o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación na Delegación Territorial.
O delegado gabou “o minucioso traballo” realizado polo autor e “a acertada estrutura en municipios e comarcas, que a converten nunha guía verdadeiramente útil para explorar os atractivos do territorio, tanto os máis coñecidos como fermosos recunchos escondidos”.
Ao respecto, destacou que o libro afonda no propósito da Xunta de descentralizar e desestacionalizar o turismo, “porque nel atoparán innumerables propostas e rutas dun ou varios días atractivas en calquera época do ano”.
						Departamento:
					
					
					
																							
						
																								
						
					
						
					
							
							
												C. de Cultura, Lingua e Xuventude
												
						
					
							
				Data de actualización: 30/10/2025
			
		 
										 
										