A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o sábado o ‘Concerto de Outono de Corais’, no que actuarán tres agrupacións
2025-11-06
/documents/35297/1903830/061125+Concerto+Outono+Corais.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 5 de xuño de 2025
O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o vindeiro sábado, 8 de novembro, o Concerto de Outono de Corais, no que actuarán tres agrupacións.
A cita está organizada pola Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (Astelu), cuxo presidente, José Luis Rodríguez, presentou hoxe a cita xunto co delegado territorial, Javier Arias.
O programa contempla a actuación das coas corais lucenses Ecos do Miño-Astelu e Cantar Delas, ademais da formación coruñesa Saúde. O concerto comezará ás 19,30 horas e a entrada será libre ata completar aforo.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 06/11/2025