A Xunta reitera que Galicia cumpre a Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno
2025-11-07
/documents/35297/1903833/20251107+DXFamiliaParlamento.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou esta mañá que Galicia cumpre estritamente a Convención de Dereitos do Neno. Neste sentido, explicou que en Galicia existe unha limitación por idade no acceso a espectáculos taurinos, que foi pactada por consenso de todas as forzas parlamentarias no ano 2011 e que non existe noutras comunidades autónomas.
En resposta a unha pregunta oral na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, o director xeral explicou que os posibles cambios lexislativos para adaptarse ás recomendacións desta Convención deben realizarse a nivel estatal, porque foi o Goberno central o que asinou este tratado internacional.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 07/11/2025