A Xunta destaca os premios `Grove de Ouro` como recoñecemento á implicación co desenvolvemento socioeconómico
O Grove (Pontevedra), 7 de novembro do 2025
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, participou este venres na entrega dos premios Grove de Ouro, que outorga a Asociación de Empresarios grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes) a persoas, empresas e institucións implicadas no desenvolvemento socioeconómico desta zona costeira.
Co Grove de Ouro distinguiuse á empresa Álvarez Prol e co Grove de Prata a María Dolores Muñiz Devesa, dous referentes no eido empresarial, turístico, gastronómico e marítimo da localidade.
Data de actualización: 07/11/2025