A Xunta destaca o compromiso da Fundación La Caixa co tecido social galego

A Coruña, 20 de novembro de 2025

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe á presentación dos resultados da convocatoria Proyectos Sociales Galicia 2025 da Fundación La Caixa. Neste sentido, a Xunta agradece á fundación a súa implicación co tecido asociativo galego para poñer en marcha proxectos en eidos como a discapacidade, a atención ás persoas maiores, a saúde mental, á inclusión social e á dinamización do rural.

O Goberno galego considera que a aposta da Fundación La Caixa para poñer en marcha proxectos en Galicia complementa o traballo que leva desenvolvendo anos a Xunta para avanzar nunha Galicia máis igualitaria, solidaria e xusta para o que é fundamental contar coas entidades sociais como aliadas neste obxectivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/11/2025