A Xunta salienta a importancia da formación continua para garantir a calidade dos coidados nas residencias de maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á apertura dun curso na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, fixo fincapé  na importancia de que o persoal das residencias de maiores poidan actualizar con frecuencia os seus coñecementos no ámbito dos coidados. Díxoo esta maña na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), onde tivo lugar a presentación do curso de formación para os profesionais destes centros.

Antón Acevedo sinalou que a formación é un dos piares do modelo de coidados residenciais de Galicia, xa que esta é básica para garantir a calidade dos servizos que se prestan no sistema residencial autonómico.

O curso da EGAP céntrase na prevención de riscos laborais e inclúe, entre outras temáticas, primeiros auxilios, actuación ante incendios ou como proceder para evacuar un centro.

Fecha de actualización: 25/11/2025