Arias traslada a Raiolas o compromiso da Xunta para seguir traballando en favor das persoas con TEA

Lugo, 25 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a presidenta de Raiolas, Lucía Candal, mantiveron hoxe a primeira reunión institucional dende a renovación da directiva da asociación o pasado mes de xullo.

A xuntanza serviu para repasar as actuais liñas de colaboración, analizar accións futuras e recoller as principais propostas do colectivo, que agrupa a persoas con TEA e aos seus familiares.

O delegado tamén aproveitou para felicitar a Raiolas polos seus 25 anos de traxectoria, que celebrarán nun acto conmemorativo o próximo 12 de decembro. Entre outros éxitos, neste tempo puxeron en funcionamento o primeiro centro de día lucense especializado na atención a persoas con autismo, para o que contaron coa colaboración da Xunta.

Arias trasladou o compromiso da Administración autonómica para seguir traballando da man da asociación na procura de máis e mellores recursos en favor das persoas con TEA.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/11/2025