Villaverde aborda con representantes de CCOO do sector do mar as necesidades de formación dos traballadores
2025-12-02
/documents/35297/1941106/20251202VillaverdeReuni%C3%B3nCCOO+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de decembro do 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, recibiu hoxe a representantes de Comisións Obreiras do sector do mar para analizar as necesidades de formación dos profesionais ligados a este eido.
A responsable autonómica subliñou a importancia de colaborar con todos os axentes sociais e co propio sector para mellorar a vida da xente do mar, aumentar a competitividade e garantir a remuda xeneracional. Cabe destacar que, este ano, concedéronse 129 axudas para a modernización e calidade de vida a bordo dos buques por valor de case 8 millóns de euros, superior ao total do concedido durante a vixencia do anterior Fondo Europeo Marítimo e Pesca (Femp) 2014-2020.
Data de actualización: 02/12/2025