Ana Ortiz participa en Vigo nos actos do Día internacional da discapacidade “Baixo o mesmo paraugas”
2025-12-03
/documents/35297/1941109/448A9803.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 3 de decembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores no acto para celebrar o Día Internacional da Discapacidade "Baixo o mesmo paraugas", no que máis dun centenar de paraugas de cores realizaron o percorrido entre a Delegación Territorial do Goberno galego na cidade e Estación de Ría. Os paraugas abríronse un ano máis en seis cidades galegas para concienciar sobre a diversidade e reivindicar de forma conxunta unha vida digna e plena para este colectivo. No acto levouse a cabo a lectura dun manifesto realizado por varias persoas con discapacidade.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 03/12/2025