A Xunta destaca o potencial dos mercados de nadal como o de Mos para dinamizar o comercio local

Mos (Pontevedra), 6 de decembro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu en Mos ao acendido das luces de Nadal e visitou o mercado Queda en Mos, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e representantes da Asociación de comercio e servicio de Mos, AcesMOs. Este mercado celébrasa hoxe e mañá e nel participan negocios locais co obxectivo de impulsar o comercio de proximidade. Ademais, a iniciativa tamén abarca actuacións musicais, actividades familiares, iniciativas culturais e de gastonomía.

Alí, o director xeral salientou o valor deste tipo de eventos para impusar as vendas no comercio local e para dinamizar este sector estratéxico nas vilas como Mos e para atraer visitantes. Isto concorda cos obxectivos do Plan estratéxico de comercio de Galicia 2025-2030 para potenciar sinerxías e a capacidade tractora deste tipo de iniciativas en beneficio do comercio local.

Data de actualización: 06/12/2025