O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de San Amaro
2025-12-09
/documents/35297/1950464/091225++Reuni%C3%B3n+alcaldede+San+Amaro+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 9 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde do concello de San Amaro, Fernando Rodríguez, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
O delegado tivo a ocasión de tratar xunto o seu rexedor, temas prioritarios para o seu concello. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 09/12/2025