Arias destaca o traballo da Asociación Motorista Lucense durante a súa xuntanza anual
2025-12-14
/documents/35297/1950479/AML+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 14 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xuntanza anual da Asociación Motorista Lucense e destacou o traballo que realizan a favor do mototurismo con propostas como a Ruta Castrexa, que conta co apoio do Goberno galego.
Así mesmo, Arias felicitou aos membros da entidade premiados este ano polos seus logros deportivos así como ao piragüista lucense Luis Gregorio Ramos Misioné, ao que entregaron a distinción de socio de honra.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 14/12/2025