O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o local da Asociación de veciños do Couto
Manuel Pardo amosou o compromiso da Xunta en seguir apoiando o asociacionismo veciñal como instrumento de dinamización social e cultural no eido local, co obxectivo de apoiar ás asociacións a levar a cabo actividades que repercutan no benestar da cidadanía
Ourense, 16 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, o local da ‘Asociación de Veciños do Couto’, para felicitar aos membros da entidade polo traballo que están a desenvolver a prol da solidariedade, o asociacionismo, a comprensión e a inclusión de todas as persoas que viven no barrio.
Manuel Pardo amosou o compromiso da Xunta en seguir apoiando o asociacionismo veciñal como instrumento de dinamización social e cultural no eido local, co obxectivo de apoiar ás asociacións a levar a cabo actividades que repercutan no benestar da cidadanía, como colectivos máis próximos á veciñanza para atender e canalizar as súas demandas.
Lembrou o delegado territorial que no caso desta asociación veciñal, percibiu unha achega da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, de preto de 17.000 euros para levar a cabo actuacións encamiñadas a optimizar a accesibilidade do local, e implementar melloras que contribúan á eficiencia enerxética e seguridade do recinto, beneficiando directamente ás persoas usuarias da asociación.