A Xunta felicita aos usuarios de San Francisco de Vigo polo seu novo Belén Vivente
2025-12-16
/documents/35297/1958841/_DSC2672.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 16 de decembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana; a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón; e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron este martes o Belén Vivente da asociación San Francisco. As representantes autonómicas felicitaron aos usuarios polo seu novo Belén no que representan as escenas do Nadal, sendo un dos máis significativos da cidade, e destacaron o esforzo desta entidade para amosar as súas habilidades e todo o traballo que realizan cada día en todos os recursos de atención desta asociación.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 16/12/2025