Fabiola García destaca a dedicación e experiencia das escolas infantís de iniciativa social
A conselleira de Política Social e Igualdade mantivo un encontro con Aseigais
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, agradeceu o traballo das escolas infantís de iniciativa social e destacou a súa experiencia no coidado dos nenos e nenas de 0 a 3 anos. Fíxoo tras reunirse coa xunta directiva de Aseigais, entidade que agrupa a estes centros, co obxectivo de facer balance do primeiro cuadrimestre do curso escolar.
Fabiola García fixo fincapé no apoio que estas escolas supoñen para as familias galegas, facilitando a conciliación ao tempo de sentan os alicerces da educación e da formación dos nenos. Neste sentido, puxo en valor o feito de que Galicia é a comunidade autónoma onde máis familias poden acceder de balde a unha escola infantil, grazas ao programa da gratuidade.
A conselleira manifestou a súa satisfacción pola boa acollida da gratuidade entre os centros de 0 a 3 anos de iniciativa social, o que contribúe a que Galicia lidere a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil cun 65%, 15 puntos por riba da media nacional.