O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Taboadela para abordar vías de colaboración en proxectos de interese municipal
2026-01-07
/documents/35297/1986611/070126+Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Taboadela+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 7 de xaneiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo fixo fincapé na importancia da cooperación entre as administracións autonómica e local “para garantir servizos e dotacións que nos permitan equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio” e, neste senso, trasladoulle ao rexedor “o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 07/01/2026