O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE reúnese con representantes da asociación Briegal
2026-01-22
/documents/35297/2005353/20260122DXREEReunionONGBriegal.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe unha representación da asociación Busca e Rescate Integral de Emerxencias de Galicia (Briegal) para abordar posibles liñas de cooperación no exterior. Cómpre destacar que a entidade xa foi unha das beneficiarias da convocatoria de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior, para unha acción de fortalecemento da xestión de emerxencias fronte a inundacións no sur de Perú con participación de equipos de Bolivia.
Data de actualización: 22/01/2026