Patrimonio Cultural autoriza a humanización dun tramo da rúa Serafín Avendaño

A Dirección Xeral comunica ao Concello o informe favorable para as reformas dun tramo próximo ao elevador Halo

Vigo, 11 de febreiro de 2026

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre o proxecto para a urbanización dun tramo da rúa Serafín Avendaño, o máis próximo ao novo elevador Halo.

O departamento autonómico responde así á administración local sobre o expediente de obras de humanización da rúa Serafín Avendaño. Segundo recolle a resolución de Patrimonio Cultural da por rematada a intervención de sondaxes arqueolóxicas dos movementos de terras na obra de humanización da rúa Serafín Avendaño, entre a avenida de García Barbón e o acceso á infraestrutura Halo.

“Non hai inconveniente, desde o punto de vista arqueolóxico, para o inicio das obras de urbanización proxectadas. Porén, dada a entidade e extensión da intervención, con áreas non rexistradas, resulta necesario continuar coa fase de control arqueolóxico dos movementos de terras, previsto no proxecto arqueolóxico”, sinala

Data de actualización: 11/02/2026