Javier Arias súmase á celebración do Entroido de Salcedo, que hoxe viviu a súa xornada máis singular coa saída do Oso

A Pobra do Brollón (Lugo), 16 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sumouse á celebración do Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, que hoxe viviu a súa xornada máis singular coa saída do célebre Oso.

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar “un dos Entroidos con máis sona e tradición de Galicia”, recoñecido como BIC no marco da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra aprobada en 2018. Ademais do arraigo local, Arias salientou a vertente lúdica e festiva desta cita, que xera gran expectación popular e mediática entorno á figura do Oso.

A Xunta colabora coa Asociación Veciñal de Salcedo para impulsar catro días de programación – do sábado 14 ao martes 17 -, que tamén inclúe ás Madamas e Danzantes, os Disfraces de Campo, funcións de teatro e música variada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/02/2026