Mar confirma a Opmega a convocatoria ordinaria da Comisión do Mexillón para este mes

Santiago de Compostela, 3 de marzo do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega), no marco da rolda de contactos que mantén cos distintos axentes socioeconómicos marítimo-pesqueiros, e co fin de dar resposta ás súas necesidades e fortalecer o conxunto da cadea mar-industria.

A este respecto, Rosón confirmou que este mes a Consellería convocará a Comisión do Mexillón para seguir traballando de maneira coordinada co sector, garantir a viabilidade das explotacións e impulsar iniciativas de promoción e valorización do mexillón galego, reforzando a súa presenza nos mercados nacionais e internacionais. E é que a miticultura xera miles de empregos directos e indirectos na comunidade, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra, que albergan máis de 3.300 bateas. Ademais, constitúe unha actividade económica estratéxica, cun forte peso nas exportacións galegas.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 03/03/2026