Xunta e Fundamar abordan posibles liñas de colaboración para o impulso do sector
Vigo, 10 de marzo do 2026
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse este martes con representantes da Fundación para Pesca e o Marisqueo (Fundamar) coa finalidade de avanzar en liñas de colaboración orientadas a fortalecer a promoción, fomento e cualificación da actividade marítimo-pesqueira.
Deste xeito, o encontro serviu para sentar as bases do deseño e posta en marcha de novas accións que afonden tamén na mellora da percepción social do sector como un ámbito de oportunidades profesionais de futuro.
Unha xuntanza que a representante da Consellería do Mar, definiu como “produtiva” e que se enmarca “no traballo conxunto con entidades como Fundamar, e permítelle ao Goberno galego seguir avanzando no desenvolvemento sostible das comunidades costeiras”.