Turismo de Galicia apoia a comercialización directa dos albergues privados do Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse esta mañá co mantivo un encontro esta mañá co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, con quen analizou o funcionamento de Bookalbergue, a primeira plataforma de reservas directas deste establecementos no Camiño de Santiago.

Durante o encontro, o director de Turismo de Galicia salientou a aposta realizada pola entidade, que supón un avance na dixitalización e mellora da competitividade desta oferta. Tras unha primeira fase de implantación, a central de reservas sumará albergues de todas as rutas xacobeas completas. Agalber está constituída por uns 150 albergues da rede privada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/03/2026