Villaverde destaca a contribución da carreira da Ostra e da 7k Soutomaior á promoción dos produtos das rías

Soutomarior (Pontevedra), 29 de marzo do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe á carreira infantil da Ostra e á primeira proba 7K Soutomaior celebrada en Arcade, que contan co apoio da Consellería, e na que participou na entrega de premios aos gañadores das categorías máis novas. Destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que combinan a promoción dos produtos do mar co lecer e o deporte, contribuíndo, en paralelo, a dinamizar a economía local e a poñer en valor os recursos mariños de Galicia. 

Deste xeito, a titular de Mar felicitou a todos os participantes e á organización destas probas deportivas, que se enmarcan no apoio da Xunta, pois segundo subliñou a conselleira “son unha forma extraordinaria para por en valor a cultura mariñeira e a excelencia e calidade dos produtos das nosas rías”.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 29/03/2026