Arias reúnese co alcalde do Pàramo para abordar a colaboración en actuacións de interese municipal

Lugo, 1 de abril de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Páramo, José Luis López, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son de competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles liñas de cooperación.

Entre as colaboracións máis recentes co Concello do Páramo, Arias lembrou a concesión de 34.100 euros para acondicionar os accesos ao núcleo de San Mamede da Ribeira, a través da orde de axudas do ano pasado para mellorar infraestruturas públicas de ámbito local.

O delegado destacou que precisamente hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria desta orde de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dotada con 3,5 millóns de euros para a presente anualidade. Os Concellos poden presentar as súas solicitudes a partir de mañá.

Arias subliñou que a Xunta “está sempre ao carón dos concellos, ben con actuacións directas ou mediante programas de axudas, pois entendemos que a colaboración entre as administracións autonómica e local resulta fundamental para impulsar o seu desenvolvemento económico e social”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/04/2026