Arias visita o evento ‘HinchaLugo’, apoiado pola Xunta, que pechou esta tarde con gran éxito de público
2026-04-01
/documents/35297/2073776/HinchaLugo+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 1 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou esta tarde o evento ‘HinchaLugo’, que este martes e mércores converteu o Pazo de Feiras lucense nun gran espazo de ocio infantil, coincidindo co período de vacacións escolares. A actividade, promovida pola federación de asociacións veciñais Lugo Rural Importa co apoio da Xunta, tivo unha gran aceptación e pechou cun gran éxito de público.
Durante dúas xornadas, HinchaLugo ofreceu ás familias un espazo con máis de 30 atraccións inchables de distintas temáticas, desde tobogáns ata elementos para a práctica deportiva, circuítos, actividades multiaventura ou atraccións interactivas.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 01/04/2026