A Xunta financia con 50.000 euros a mellora da pavimentación do camiño municipal de Torre-Axiaz, nos concellos de Rodeiro e Agolada
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros
Rodeiro (Pontevedra), 16 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de mellora da pavimentación do camiño municipal de Torre-Axiaz, unha actuación conxunta dos concellos de Rodeiro e Agolada que foi posible grazas a unha achega da Xunta de 50.000 euros.
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da Dirección Xeral de Administración Local, que beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 662.000 euros.
Os traballos consistiron no fresado e reposición do firme desta vía e na mellora da drenaxe da mesma, mediante a limpeza das marxes e a colocación dun tubo que permitirá una mellor evacuación das augas pluviais.
O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de obras que “melloran a seguridade viaria dos camiños rurais” e asegurou que “a Xunta seguirá apostando por desenvolver liñas de colaboración cos concellos, porque eles son os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños e veciñas”.