Belén do Campo participa na entrega de premios do II Campionato de Galicia de Tortilla de Patacas Profesional
Belén Do Campo, xunto coa directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participaron no CIFP Paseo das Pontes na entrega de premios do II Campionato de Galicia de Tortilla de Patacas Profesional, unha cita que recoñece o talento, o esforzo e a excelencia da nosa hostalaría.
Participaron na entrega de premios e felicitaron aos gañadores polo alto nivel demostrado e tiveron un especial recoñecemento aos organizadores por facer posible unha iniciativa que pon en valor a formación profesional e a calidade gastronómica de Galicia.
Belen Do Campo, foi a encargada de entregar o primeiro premio á mellor tortilla de Galicia, a Nico Pedetti, da coruñesa Taberna Da Galera e Eugenia Pérez o primeiro premio na categoría de tortilla de patatas “con” á Adega Lastras, con Pedro Miño, en Betanzos