Arias reúnese co xefe da Garda Real no marco da colaboración institucional para o despregue das actividades que realizarán na provincia

Lugo, 29 de abril de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe na Delegación Territorial co coronel xefe da Garda Real, Luis Alfonso Choya, no marco da colaboración entre ambas institucións para o despregue das actividades que levará a cabo o devandito corpo militar en Lugo a principios de maio.

A programación chegará a toda a provincia e implicará a todas as unidades da Garda Real, dende a súa Xefatura e o Estadio Maior ata os grupos de Honras, Escoltas, a Unidade de Música e un grupo mixto de loxística e Apoio. En total sumarán máis de 500 efectivos e máis de 35 vehículos, 15 motocicletas Harley Davidson, 64 cabalos e 12 cans.

Están previstas múltiples actividades e exhibicións que, ademais do adestramento das unidades, teñen como finalidade mostrar á cidadanía como é o traballo e o funcionamento deste corpo militar.

Entre as accións anunciadas, figuran unha mostra de material e uniformes históricos e contemporáneos no Círculo das Artes da capital lucense –do 30 de abril ao 9 de maio-; unha exposición dinámica no Pazo de Feiras e Congresos – 8 de maio -; un concerto da Unidade de Música na praza de Santa María – 9 de maio - e unha xura de bandeira para persoal civil no parque Rosalía de Castro que pechará os actos o 10 de maio.

O Círculo das Artes da cidade acollerá mañá unha rolda de prensa na que a Garda Real dará a coñecer todos os detalles da súa presenza en Lugo e inaugurará a primeira exposición.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2026