Diego Calvo reúnese co embaixador de España no Perú
Lima (O Perú), 14 de maio de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, foi recibido onte en Lima polo embaixador de España no Perú, Alejandro Abellán. No encontro tamén participou o coordinador xeral da Cooperación Española no país, José Roberto Piqueras, ao que o conselleiro agradeceu por ofrecerse a buscar sinerxías coa Cooperación Galega para colaborar no desenvolvemento de futuros proxectos. Esta reunión enmárcase na viaxe do conselleiro ao Perú para coñecer os proxectos que financia a Xunta no país no marco dos Plans Directores da Cooperación Galega, ademais de reunirse coas organizacións que lideran estes proxectos e coas autoridades locais que os apoian.