Villaverde afonda na escoita activa ao sector nun encontro coa confraría de Cangas

Soutomaior (Pontevedra), 15 de maio do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse con representantes da confraría de Cangas, no marco da escoita activa e o diálogo permanente que mantén cos sectores do mar galegos.

Durante o encontro, celebrado na sede da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, situada en Arcade, abordáronse cuestións relacionadas coa situación actual da actividade e os principais retos aos que se enfrontan os profesionais do mar. A responsable autonómica reiterou o compromiso da Xunta de manter unha comunicación constante cos distintos axentes socioeconómicos da súa competencia e que a Administración autonómica considera estratéxicos para Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2026