A Xunta colabora na mellora do local social da Asociación de Veciños de Cabral
2026-05-18
/documents/35297/2130912/20260518+AAVVCabral_01.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 18 de maio de 2026
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o local social da Asociación Veciñal, Cultura e Deportiva de Cabral, que foi mellorado co apoio da Xunta no marco do plan específico de acción comunitaria. O Goberno galego investiu 15.000 euros para mellorar a zona de aparcamento, a pasarela de acceso ao salón de actos, a entrada principal e a cociña.
Segundo explicou a representante autonómica, as achegas proceden da Dirección Xeral de Administración Local dentro do programa de apoio ao asociacionismo local para facilitars espazos axeitados para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna.
Data de actualización: 18/05/2026