Mar apoia a labor formativa de Stella Maris para a inserción laboral de migrantes no sector do mar
2026-05-19
/documents/35297/2130915/20260519VillaverdeCursoStellaMaris+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 19 de maio do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, entregou hoxe os diplomas aos participantes no curso de formación prelaboral promovido co apoio da Consellería e impartido por Stella Maris, unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a integración laboral e social de persoas migrantes vinculadas ao ámbito marítimo-pesqueiro.
O programa dispuxo de 50 horas de formación e unha capacidade para 19 alumnos de entre 19 e 32 anos, procedentes de diferentes países do Golfo de Guinea; concretamente de Senegal, Camerún e Guinea-Bissau. Neste contexto, Villaverde destacou a importancia deste tipo de accións formativas para ofrecer novas oportunidades laborais e favorecer a inclusión social dun colectivo especialmente vulnerable.
Data de actualización: 19/05/2026