A Xunta colabora co festival de música tradicional ‘Zumbanocoiro’, que se celebrará mañá en Lugo

Lugo, 22 de maio de 2026

A Xunta de Galicia renova o seu apoio ao festival de música tradicional galega Zumbanocoiro, que se celebrará mañá a partir das 20,00 horas na praza de Santa María. A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación do evento a cargo do delegado territorial, Javier Arias, e representantes da asociación organizadora, A Volta do Agro.

Arias destacou o apoio do Goberno galego á cita e gabou o labor de difusión cultural que realiza a entidade promotora, “en particular na transmisión do noso patrimonio musical a través dos cursos e xornadas que convocan no seu obradoiro”.

A Volta do Agro recuperou o festival Zumbanocoiro o pasado ano con motivo do seu 30 aniversario. No cartel desta nova edición estarán acompañados polos grupos Unto Vello, Mediarea e Os Carecos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2026