Villaverde entrega en Vigo os premios da primeira etapa da 57ª edición da prestixiosa regata Solitaire du Figaro Paprec

Vigo, 23 de maio do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, entregou hoxe os premios aos participantes da primeira etapa da 57ª Regata Solitaire du Figaro Paprec, celebrada en Vigo. A Xunta colabora co evento, a través do acordo que a Consellería do Mar mantén coa Fundación Traslatio, a principal entidade organizadora da que está considerada unha das regatas oceánicas en solitario máis prestixiosas do calendario internacional.

A responsable autonómica referiuse á importancia deste tipo de iniciativas “para consolidar Galicia con referente mundial na navegación e para fomentar a actividade económica e turística vinculada ao mar”.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 23/05/2026