Martina Aneiros asiste ao acto militar de despedida ao Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada
2026-05-22
/documents/35297/2130924/ActoDespedidaGREPOAR+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 22 de maio de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe ao acto militar celebrado no Cuartel das Dores con motivo da despedida do Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada, D. Manuel García Ortiz.
O acto contou coa presenza de diferentes autoridades civís e militares. García Ortiz, que desempeñaba o seu posto en Ferrol dende setembro de 2022, marchará a Tampa (Florida) en comisión de servizo o próximo día 27 de maio.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 22/05/2026