A Xunta pon en valor a V Feira gastronómica sen glute como un referente da oferta gastronómica segura

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á V Feira gastronómica sen glute, organizada pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) no Hotel Oca Porta do Camiño. Na visita, puxo en valor esta mostra, que é un referente na oferta gastronómica para as persoas celíacas e na que diferentes establecementos expoñen os seus produtos, incluíndo a súa degustación.

Jacobo Rey destacou a importancia do traballo que realiza esta entidade para que as persoas celíacas teñan acceso a produtos adecuados ás súas necesidades. Neste sentido, trasladou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir colaborando da man do tecido asociativo para garantir unha ampla oferta gastronómica segura e adaptada ás necesidades das persoas celíacas.

Data de actualización: 24/05/2026