Villaverde destaca a importancia dos profesionais da cociña galega como prescriptores dos produtos do mar

Vigo, 26 de maio do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte, participou este martes na Gala Cociñeiro/a Galego/a 2026, onde destacou aos profesionais da cociña como “auténticos prescriptores dos produtos do mar”, polo seu papel na difusión dunha alimentación equilibrada e saudable.

Villaverde puxo en valor a conexión do talento, a creatividade e o compromiso do sector culinario coa terra e co mar, sendo " unha garantía do bo facer e un exemplo da Galicia Calidade”.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 26/05/2026