As xornadas da Rede Interautonómica de Participación Cidadá conclúen co compromiso de impulsar unha gobernanza máis aberta e transparente
O director xeral de Simplificación Administrativa, José María Barreiro, foi o encargado da clausura
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
As xornadas da Rede Interautonómica de Participación Cidadá, que se celebraron esta semana en Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra concluíron hoxe co compromiso de impulsar unha gobernanza máis aberta e transparente.
Tras dous días de intercambio de experiencias, reflexións e posta en común de boas prácticas entre representantes da práctica totalidade das Comunidades Autónomas que asistiron ao foro, o director xeral de Simplificación Administrativa, José María Barreiro, foi o encargado de clausurar estas xornadas.
Barreiro destacou que a elevada participación na reunión reafirma o papel de Galicia como referente neste ámbito, promovendo espazos de colaboración que contribúen a mellorar a calidade democrática e a achegar a Administración á cidadanía.