A delegada territorial da Xunta en Ferrol mantén un encontro de traballo co alcalde de Mugardos
2026-06-09
/documents/35297/2155665/Reuni%C3%B3nAlcaldeMugardos.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 9 de xuño de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, no marco da rolda de contactos que vén mantendo cos rexedores da área.
Durante a reunión, ambos responsables analizaron as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica e abordaron temas prioritarios para o municipio.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 09/06/2026