Belén do Campo recibe ao xeneral xefe da Garda Civil de Galicia antes do seu pase á reserva

A Coruña, 12 de xuño de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo hoxe un encontro con Miguel Ángel González Arias, xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, con motivo da súa despedida antes do seu pase á situación de reserva.

Durante a reunión, a representante autonómica agradeceulle o traballo desenvolvido ao longo da súa traxectoria profesional á fronte da Garda Civil en Galicia, destacando o seu compromiso co servizo público, a seguridade da cidadanía e a colaboración institucional mantida coa Xunta de Galicia.

A representante do Goberno autonómico puxo en valor a coordinación e o entendemento entre ambas institucións para afrontar distintos retos e actuacións de interese para a sociedade galega, e recoñeceu a profesionalidade e dedicación demostradas por González Arias durante os anos de servizo.

Finalmente, trasladoulle os seus mellores desexos nesta nova etapa persoal e profesional que inicia co seu pase á reserva, agradecéndolle a súa contribución ao servizo da cidadanía galega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/06/2026