A Xunta recibe os futuros diplomáticos da embaixada de Reino Unido en Madrid
2026-06-12
/documents/35297/2155674/20260612XuntanzaDiplomaticosReinoUnido.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, mantivo hoxe unha reunión co futuro ministro conselleiro, David McFarlane, e coa futura encargada de Asuntos Multilaterais da Embaixada de Reino Unido en Madrid. Os diplomáticos atópanse en Galicia para recibir formación de inmersión lingüística e cultural na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a reunión trataron das relacións de Galicia co Reino Unido, especialmente coas rexións británicas e na súa dimensión Atlántica.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 12/06/2026