Rueda recibe ao xeneral xefe da Garda Civil en Galicia con motivo do seu pase á reserva

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu ao xeneral xefe da 15ª zona da Garda Civil de Galicia, Miguel Ángel González Arias, logo de deixar o seu posto con motivo do seu pase á reserva. No acto estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

O titular do Executivo autonómico agradeceulle estes case catro anos de servizo e compromiso coa seguridade cidadá e co servizo público. Tamén eloxiou a súa colaboración coa Xunta de Galicia en todas aquelas actuacións nas que foi necesaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2026