A Xunta convoca a 2.057 traballadores públicos á elección de destino de Corpos Xerais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución, cun total de 2.345 postos

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convoca a elección de destino definitivo a 2.057 persoas de corpos xerais, ás que se lles oferta un total de 2.345 postos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0597-180626-0007_gl.html

Máis polo miúdo, a Xunta convoca a 1.297 persoas que superaron procesos selectivos de funcionarización, ás que superaron promoción interna convocada no ano 2020, ás que superaron procesos selectivos de acceso libre convocados no ano 2019, ás que superaron procesos de promoción específica e procesos de acceso libre convocados no ano 2022. Estes traballadores están actualmente prestando servizos en adscrición provisional e están pendentes de primeiro destino definitivo.

Finalmente, elixirán as 760 persoas que superaron procesos selectivos de estabilización polo sistema de concurso e polo sistema de concurso oposición.

Logo da publicación no DOG desta resolución, nas vindeiras semanas publicarase a resolución do nomeamento e adxudicación de postos derivada do acto de elección de destino. A toma de posesión coordinada coa derivada do concurso de traslados será no mes de setembro, por razóns organizativas e para garantir a continuidade na prestación dos servizos públicos. E, inmediatamente despois da data de inicio dos prazos posesorios convocarase a elección de destino ás persoas que superaron os procesos selectivos de promoción interna convocados no 2023.

Cómpre salientar que esta convocatoria encádrase nun procedemento coordinado de elección de destino e toma de posesión que afecta a 3.300 persoas, completando un longo proceso dirixido á promoción, estabilización e mellora do emprego público. Un volume de mobilidade sen precedentes recentes, tanto polo número de convocatorias como pola súa dimensión e alcance.

Data de actualización: 23/06/2026