A Xunta pon en valor os 20 anos de traballo de Accem en Galicia construíndo unha sociedade máis inclusiva e integradora
2026-07-03
/documents/35297/2184062/20260703+ConselleiragalaAccem+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 3 de xullo do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá na gala polo 20º aniversario de Accem na nosa comunidade. Durante a súa intervención, puxo en valor o labor desta organización contribuíndo a construír unha Galicia máis inclusiva e integradora.
Fabiola García sinalou que Accem é “o punto de apoio para moitas familias que chegan á comunidade” e o seu labor facilita que podan emprender “o seu proxecto de vida, moitas veces desde cero”. Por iso, trasladou o compromiso do Executivo galego coa entidade e reafirmou que sempre contarán co apoio da Xunta para seguir axudando a quen máis o precisa ao longo do territorio galego.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 03/07/2026