A delegada territorial da Xunta en Ferrol participa no acto de xura de bandeira dos mariñeiros das escolas de especialidades ‘Antonio de Escaño’ e ‘Estación naval da Graña’

Ferrol, 13 de xullo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á cerimonia do acto de xuramento ou promesa ante a bandeira de España dos mariñeiros do primeiro ciclo de selección de 2026 que tivo lugar na Praza de Armas da Escola Antonio de Escaño.

O acto, no que tomaron parte numerosas autoridades, estivo presidido polo Almirante Xefe de Persoal da Armada, o almirante Alfonso Delgado Moreno.

Máis de 360 mariñeiros, pertencentes ás duas escolas de especialidades nas que están realizando a fase de formación militar, a Antonio de Escaño e a Estación Naval da Graña, xuraron ou prometeron a bandeira de España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/07/2026