A Xunta respalda a nova edición da Festa da Vieira de Cambados
Cambados (Pontevedra), 16 de xullo de 2026
A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, participou na apertura oficial da carpa de degustación das XXII Xornadas de Exaltación da Vieira de Cambados, situada no Paseo da Calzada. Salgado destacou o labor de control analítico e ambiental que o centro autonómico realiza de xeito continuo sobre as augas e os areais da ría de Arousa, un seguimento técnico indispensable que avala a seguridade alimentaria e a excelencia de cada exemplar que se pon a disposición do consumidor.
A responsable do Intecmar puxo en valor que este certame —declarado Festa de Interese Turístico de Galicia— arranca coincidindo coa festividade do Carme para converter á vila no gran escaparate do marisco galego. Neste sentido, sinalou o esmero co que os profesionais do pósito de San Antonio e a comercializadora Porto de Cambados evisceran e preparan o produto baixo o selo PescadeRías, onde se non?, consolidando a Tragove coma a clara referencia en comercialización deste bivalvo, ao concentrar o 75% das vendas de toda Galicia no que vai de século.