A Xunta apoia unha nova edición de Exporpymes para impulsar a internalización do sector do mar galego
A 13ª edición do evento celébrase o 27 de outubro na Coruña
2026-07-27
/documents/35297/2219842/20260727DXPAITExporpymesCoruna+%281%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo hoxe unha reunión co director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Manuel Galdo, que lle trasladou as novidades da 13ª edición de Exporpymes, que terá lugar o próximo 27 de outubro na Coruña.
A consellería do Mar apoia un ano máis a celebración deste evento que ofrece novas oportunidades as empresas do sector mar-industria galego para incrementar ou diversificar as súas exportacións. En total, daranse cita na Coruña un millar de empresarios estranxeiros procedentes de 30 países que manterán reunións cos exportadores galegos.
Data de actualización: 27/07/2026